Os comemerdas españois e moitos que se cren galeg@s apoian a ise tal garzón, ex-xuíz din agora , que quere aclarar os crimes da guerra civil, pero que vai aclarar alguén que tivo a cara de querer denunciar a un grupo de música por utilizar o seu apelido a xeito de nome de grupo , a contradicción de dous termos é o que se xunta niste ser xustiza-española , son termos a todas luces antágónicos , menos mal que na Galiza surxe a forza e o poderío dos surfistas entre as penas do roncudo, dende a costa da morte chegan Os Xusticieiros, un poderoso grupo galaico que troca a linguaxe das pistolas polos furiosos xostregazos guitarreiros dirixidos polo sheriff xixonés da temíbel e povorenta Perrotti City . A poderosa industria do Naviza-western florece con forza na Galiza!!