Mittwoch, Dezember 30, 2009
Xa foron varios anos emitindo suxerencias para combater a imbecilidade colonial que abraza a saída e entrada de ano. Dende o xeito de vestir ate o xantar pasando por unha sempre refrescante elección de brevaxes Zimmer103 guioute nise sempre traumático trance. Ista vez , e sen que sirva de precedente , abrazamos o indixenismo para enviar unha contundente mensaxe a toda a irreductíbel fauna que surfean cos ollos nistes regos escritos. Queremos pois amosar aferrándonos a ise gran ferro fervendo que é o indixenismo para desmostrar e demostrarnos que é a única vía posíbel de resistencia mentras respiremos e incluso cando deixemos de facelo. É polo tanto un desexo para tod@s vos que se logrades cruzar a liña do aninovo con vida sexa no 2010 cando o demo vos trague pero de verdade , non como lle pasou a ista podre valenciana que desgraciadamente a súa morte foi só un erro nun documento emitido dende Madrid. Por un 2010 indixenista....que unha centella nos trague a tod@s!!