Donnerstag, Oktober 15, 2009
CATALUNYA FUTVOLEY: QUE NOLA CHUPEN E NOLA SIGAN CHUPANDO!!
Que exista iso que dan en chamar futbol merece a pena única e exclusicamente por dúas cousas, por desfrutar dun adestrador nacional coma Diego Armando Maradona que inextremis clasificou en uruguai á súa selección para sudáfrica , isa mesma que será a que lle déa polo cú á merda vermella que se pasea impune polos estadios do antigo bloco soviético , a outra das razóns é que sen ópio do pobo non poderiamos desfrutar da man de deus do blogomillo galego , unha mina brutal e incesante de sabedoría sen a cal non poderíamos ter guindado na nosa non redacción o cadro de Kukletas , referente xa máximo da nosa folosofía de contrataque.
A mesma filosofía que nos leva a meter a punteira dos pes na moa para afiar a punteira embravecida e apoiar firmemente á selección de Futvoley de catalunya que istes días se vai enfrontar a españa nun torneo internacional no Vendrell. A selección catalá de futvoley foi recoñecida oficialmente e españa vai en calidade de convidada xa que aínda non ten os papeis da federación internacional ( que non se queixen pois xa que eles son niste caso os ilegais) , niste torneo no que desgraciadamente Galiza non vai estar participan Brasil, Portugal, Italia e Suiza. Isto demostra unha vez máis a invecilidade dos nosos deportistas e políticos que non pillan unha nen á de tres, catalunya é un referente absoluto no caneo legal e aquí mirando para os paxaros ...a todos os que vos goste darlle patadas a un balón , botádevos ó futvoley porque galiza necesita selección!!