Mittwoch, September 16, 2009

MEXANDO VS CONVERSANDO!!


No Brasil a campaña a prol de mexar na ducha para salvar a selva fixo furor , sobre todo polo video promocial da campaña titulada Xixi no Banho. Niste regos escritos , mais que animar ó xixi mentras te duchas fai xa tempo que pedimos o indulto e a despenalización dos que mexamos acotío na rúa. Se fai uns meses sacabamos á luz o caso das Pontes donde a multa por mexar ceibe era descomunal hoxe temos que ollar cara un dos barrios de Betanzos donde os veciños dunha vivenda denuncián o acto ecolóxico dos seus habitantes xa que ó non teren baño no casa mexan e cagan nunha tina e tírano acontinuación polo balcón. Acto de ecolóxico radical sen precedentes totalmente perseguido por unha veciñanza á que os ecoloxistas tiveron que por freo unha noite mentras queimaban cable diante da casa falándolle amabelmente a un dos veciños máis exaltados - se nos denuncias vas amencer bañado en sangue. Pasear pola mariña nunha ruta para parolar en galego e convencer ós aborixes que falan galego que falen galego é facer o gilipollas de xeito integral, mexar nunha tina e arrebolarlle os mexos ás casas consistoriais de Ribadeo, Barreiros , Lourenzá e Mondoñedo é un xeito de cambiar de raíz un país....dende ista non redacción chamanos á queima masiva de cableado para acabar coa electricidade estática dun país a piques de ser electrocutado!!