Freitag, September 04, 2009
BANK OF AMERICA ESIXE PEGADAS DACTILARES A UN HOME SEN BRAZOS!!
A história de Steve Valdez sen dúbida, podería ser un dos estalos recollidos nun dos próximos recopilatorios do Mandril nas Ondas. Sen os dous brazos de nacemento viuse, fai uns días, envolto nunha estrana rede de despropósitos cando tentaba cobrar un cheque enviado pola súa muller nunha oficina do Bank of América de Tampa , Florida. A caixeira requeriu de Steve as pegadas dactilares para facer efectivo o pagamento do documento petición que o señor Valdez está dende o día do seu nacemento totalmete impedido a facer, nise instante aparece o supervisor bancario afirmando que por política de empresa é imposíble realizar o pagamento a un ser manco a menos que abra unha conta ou que acuda en compaña da súa esposa. Histórias tan extremecedoras coma a de Steve son as que nos fan odiar á sociedade americana e ós bancos , menos mal que niste contexto de presión cara os seres e paises discapacitados vemos con esperanza o rearmento da sempre soñada Pyongyan , isa capital unida para sempre ó noso fero desexo nuclear !!