Dienstag, August 25, 2009

La LiBéLuLa DE RADIO 3 ADICA TODO UN PROGRAMA Ó DISCO GALEGO "ONCE MÁIS 15" [preme]


O pasado venres 14 de agosto o programa La Libélula de Radio3 adicou todo o seu programa a presentar o disco Once máis 15 , cd editado por edicións do cumio baseado en poemas musicados por grupos e intérpretes galegos, Miguel Alonso coordinador do inxerto poético-sonoro , apresenta o proxecto discográfico que se abre coa supuración electrónica de Se has de Chorar enlace Alfonso Pexegueiro-ZIMMER103. Poderiamos botar lume pola boca comentando a xogada que teña que ser unha radio 3 quen adique un programa íntegro a un disco coma iste que é sistematicamente silenciado nos medios e na radio do país , pero todo isto nos leva a pensar na sorte e orgullo que fose radio 3 e non unha radio baseada en promocionar orquestras feixistas coma a Panorama ou París de Noia e merdas polo estilo quen poña o seu ollo nun traballo feito para e por dignificar a poesía e música contemporanea feita no país, un pecado demasiado grave para uns medios galegos que se espantan se non ven no disco un selo da xunta ó que lamberle os collóns...