Dienstag, August 18, 2009

A COR BRANCA DA CAL VIVA E DOS CALCETÍNS DE PACO RODRÍGUEZ INVADEN A GZ-DON´T FASHION LIST!!

Xa sabiamos que coma todas as listaxes de éxitos ou fracasos a gz don´t fashion apuntada dende ista non redacción sería totalmente subxetiva e aberta a todo tipo de posibilidades...é por elo que un dos aborixes da mandrílika larada que habita no alto dun Traveseiro quen ademáis de unirse á iniciativa de criar un clube de fans de Mikel Zubimendi apunta a posibilidade que Paco Rodríguez encabece a lista dos gobernantes "españois" peor vestidos. >> Teño un colega que sempre se maraba de risa recordando a Zubimendi botando cal viva no escano de Jauregi. Pero coido que non levaba suadoiro, senón unha chupa bomber... pero de calquera xeito, ía glamuroso.

En canto á lista da revista Estafe á galega, eu poñería sen dubidalo a Paco Rodríguez. Unha vez estaba eu a ve-lo debate do estado da nación (ejpañola) e cando toca a quenda do representante do BNG observo como sobe polas escaleiras o Paco cun traxe bastante feo de por si, agravado porque levaba os pantalóns de ir pescar panchos véndose os calcetíns... de cor branca! Imaxino aos poucos parlamentarios españois que se quedaron para a súa intevención comentando entre eles aquela mítica frase de "Calcetín blanco con zapato oscuro, paleto seguro". Non te cortes , envíanos os nomes e datos dos dirixentes que según ti non poden faltar nista xa referencial gz-don´t fashion list!!