Donnerstag, Juli 23, 2009

O INDIXENISMO GALEGO XA TEN FAIXA Á QUE AFERRARSE NO DÍA DA PATRIA!!


O indixenismo galego por fin xa ten os seu espazo no que refuxiarse no día da patria, A LNB anuncia faixa propia e varios membros do MI4X xa anuciaron que serán os portadores dista revolución indíxena que percorre o país empuñando paláns e billardas. Nun intre no que se escoitan voces que din que é posíbel que sexa o monologuista Parriquirín , no canto do clásico Carlos Blanco , quen apresente os actos do festigal cremos máis necesaria ca nunca a inmersión de tódolos indíxenas na festa popular a celebrar no Parque de Belvís donde Causa Galiza vai ter o seu campo de operacións cun espectacualer e multitudinario Aberto Nacional de Billarda ó ue ningún indíxena galego que se prece pode faltar...

UNHA DELEGACIÓN DO CANDIDATO Á ALCALDÍA DA GRAN MAZÁ SERÁN OS CONVIDADOS INTERNACIONAIS DO MI4X!!


Ademais iste ano o MI4X ten o orgullo de apresentar a primeira delegación irmá que desfilará polas rúas de compostela baixo a nosa mesma faixa e portando a bandeira do indixenismo , referimonos á delegación Nova Iorquina representando ó Cowboy en cuerios , un gran no cu do imperiallismo americano que amiaza con espir as vergoñas dise imperio gobernado por un falso negro matamoscas que teme á revolución sonora country , branca e en cueiros....indixenismo galego e nova iorquino unido baixo a Faixa de Billarda , Patria e Loita!!