Freitag, Mai 22, 2009
BLACK MERDA , A ÚNICA B.S.O POSÍBEL ANTE O SECESIONISMO E O APARTHEID LINGÜISTICO!!
Combulsión política polo nomeameamento do novo director da radio televisión galega, movimentos e búsqueda de consensos imposíbeis, berros nas rúas de compostela para rematar comendo o churrasco contaminado da Mesa , qué goberno dormiría máis tranquilo con isa a resistencia diante? Durante o bipartito moitos foran os intentos de dotar dende unha suposta Radio e tv Galega renovada e anovada dunha B.S.O a un país en movimento , pero foi totalmente erronea , hoxe enfrontámonos á pantasma do segregacionismo nas aulas e nas rúas , un apartheid lingüistico que a imbecilidade do bipartito nunca soubo previr e nós somos as súas únicas putas víctimas. La história me absolverá , é o referencial libro no que Fidel recolle o seu alegato de defensa fronte a un tribunal que a acusa de varios asaltos a cuarteis na Cuba imperialista de 1953 , cantos do anterior goberno terían a coraxe e os estudos para facelo?
Nen antes nen agora na Radio Galega soará a banda que niste post , dende ista trincheira dixital, vos apresentamos . Nos anos 60 en Detroit tres xoves fascinados pola imaxe e o son de Hendrix decidiron botarse ós instrumentos nun tempo no que os xoves negros eran asasinados pola policía e polo KKK polo que decidiron buscar un nome que causara alarma e un presado de conciencia nos seus seguidores, BLACK MERDA , pronuncia Murder no mundo saxón ( polo que significa matanza de negros) , é un grupo que sobrevíu ate os nosos días destilando o mellor funk -soul electrico e electrizante. Descubrímolos fai unhas semanas nunha das xoias de Radio 3 , sonideros , 5 horas salvaxes dun espectacular abano sonoro para os que escupimos sobre Galicia en Goles e sobre todo o relacionado co puto opoio do pobo. Black Merda sodes a única referencia contra a segregación e non a Mesa nen as cadeiras da puta Real Academia!!