Mittwoch, April 01, 2009

A PANTASMA BELGA INVADE A ADMÓSFERA!!


Dende sempre nista non redacción amosamos a nosa total admiración polo modelo de ruptura Belga , fai uns meses unha cadea dise país escenificou a ruptura ficticia do estado facendo saltar todas as alarmas, nista nosa televisión do pasado goberno o máis radical foi facer apoloxía católica emitindo a vida dos curas guais nisa auténtica merda chamada "trece badaladas" para reforzar unha noxeta serie que tiña como protagonista a un párroco, actores que de seguro condean a campaña antiabortos da igrexa pero que non teñen pudor en viver exercendo de auténticas putiñas ó servizo da herdanza do nacional cotolicismo. Manta Ray , grupo xixonés que se disolveu fai un tempo deixando deixando vía libre a uns músicos do mellorciño que xa sen as ataduras dunha formación convencional invaden a admosfera nun espectacular e inabarcábel estado gaseoso. En Manta Ray militaba un guitarrista que tapaba a cara coa melena e respondía ó nome de Nacho Vegas, ...hoxe son miles as ramificacións disa formación orixinal dende os xeniais e anti-cancións la JR ate a última reencarnación do cantante de Manta ray, aínda respiramos aquel marabilloso disco de debut de Viva las Vegas para atoparnos de fuciños co novo proxecoto de José Luis García xunto á voz faminina de Fany Alvarez : Elle Belga co selo de calidade de Acuarela apresenta a voz como principal instrumento na espectacular penumbra sonora marca da casa do ex-Mus Vicent Gallo.
José Luis García elexíu iste nome xa que de neno na súa cidade natal lle chamaban o Belga por ter nado en Bruxelas, volta ás orixes na madurez musical , un exercicio que realiza tamén un mítico bloguer que responde ó nome de Toño e apelido de combate randeeira, reinvéntase de novo o web referencia absoluta do emerxente Indixenismo Galego con frechas enveleadas que lanza agora dende un remodelado arco que xa podes visitar en ARANDEEIRA.COM e se O Belga ten marca de calidade Acuarela outro fillo do vento que agromou poderoso istes días pola rede ten mais que garantía avalada por ouveos para que vos deixedes levar polo furacán de CAVANARDÁ... , e con isto e unha ostia xa podedes marchar en paz ...Galixa vermella e rota!!