Donnerstag, März 12, 2009

O QUE NON PASA EN MIL ANOS PASA NUN DÍA, QUE CORRA O SANGUE A REGOS!!


Dende o seu escondite nas montañas , Coreano Carnivore, membro dista indomable Larada Mandrílika elexido ademáis para interpretar ó Monxo na explosiva curta underground Fast Food xunto coa súa compañeira que interpretará na fita o papel de Virtudes, pois carnívore envíanos ate ista non redacción o estremecedor documento homenaxe ó noso tan admirado Paulino de Chantada . Nistes intres na que a actualidade escorrega sangue por por das matanzas en Alemaña, nos estado unidos e en tantos outros sitios é o intre de recordar que nos tamén temos un heroe atormentado que matou a varios veciños nunha histórica tarde... Tiña que haber un Paulino en cada barrio, e ir facendo unha limpieza de cando en cando. HAi moita merda que sobra. Pasalos polo coitelo a todos!

Paulino puxo a Chantada no mapa internacional grazas á súa matanza , cousa que non se reflicte na realidade da vila luguesa, polo que dende ista leira escrita , pedimos unha rúa cos seu nome e tentaremos que o referencial podcast produciso en méxico “testigos del crimen” analice a súa figura equiparábel xa á do asasino de Jonh Lennon ou ó célebre asasino en serie de Santander , coñecido coma “O Violador da Moto"

un coitelo de matar os porcos foi a arma coa que Paulino destripou ós seus veciños e parentes enaxenado ó parecer pola defensa dunha fincas que vía amiazadas pola uña dos seres máis cercanos , non imos analizar niste ensanguentado post os porqués nen moito menos, aínda que nos gostaría voltar a atoparnos con aquel mítico programa de crimes galegos que emitira fai moitos anos a Televisión de Galicia na que voltar a sentir as declaracións do carniceiro que lle vendeu as costilletas coas que xantou o día no que perpetrou os seus crimes.


Ista mesma semana atopamos cun episodio tráxico, de non tan extraordinarias dimensións pero igualmente desacougante , nunha casa de Deiro ,Vilanova de Arousa, un rapaz de 34 anos resultou ferido nunha coxa cando tentaba matar un porco cunha pistola especial para disparar na caluga do animal . Nen os parentes nen a victima quixeron facer declaracións a ista non redacción , só afirman que o animal se moveu bruscamente no intre de realizar o tiro.... estaremos ante un Paulino do século 21 neutralizado xusto no intre de comezar a matanza? Substituirá a pistola de matar os porcos ó coitelo en sucesivas matanzas veciñais? , polo momento podemos afirmar que constatamos unha preocupante conexión entre o matachín de Deiro e ista non redacción que moi pronto poderedes comprobar ó descargar o esgarro titulado PANDEIRO DE MAO , obra apresentada á concurso de teatro radiofónico naturalmente desbotada por un xurado formado pola típica larada de porcos que piden a berros unha bala na caluga. Se queredes sangue a regos continuade na sintonía, porque xa sabedes....o que non pasa en mil anos pasa nun día.