Dienstag, Februar 17, 2009

HAPPY 67 BIRTHDAY MR. PRESIDENT , HAPPY BIRTHDAY TO YOU!!


Non podíamos pasar por alto nista non redacción a celebración do 67 aniversario do noso querido camarada presidente Kim Yong Il , por desgraza, as rúas da galiza nunca terán o resplandor de Pyongyang pero non por iso, os membros dista non redacción imos acochar o entusiasmo enorme porque Kim ( o auténtico e non o mincreque de Allariz) siga dirixindo o rumbo dos foguetes nucleares e da populación da grande korea do norte.

Arroutada Koreana contra o mundo , daquela mítica canción dos Diplomáticos á realidade pura e dura, a colonia Koreana do Norte residente no exterior reivindicamos o non dereito ó voto nen para nós e para os residentes , é por elo que para celebrar iste 67 cumpreanos e de xeito clandestino un dos membros dista non redacción e dono da posibelmente mellor pasteilería do país con sede en Lourenzá e coñecida popularmente co sobrenome do Koreano encargouse de realizar unha expléndida tarta con 67 velas que apagamos co mesmo vento co que apoiamos diariamente ó reixio e intransixente réxime democrático de Pyongyang. Felicidades querido gran lider!!