Samstag, Januar 17, 2009

MOVIMENTO INDÍXENA 4 DE XANEIRO>>A CANDIDATURA QUE ESTABAS AGARDANDO!!

Rachando cos dogmas electorais , mitins e demáis parafernalia americanizante aprensentouse ista pasada semana nunha céntrica estrada da cidade de Lugo a nova franquicia baixo a que nista cita non electoral do 1 da marzo se vai aprentar o xa mítico e ilegalizado en territorio galego PzTG . Despois de que a randeeira no seu explosivo retorno se fixese eco do grande acto patriótico realizado por Don Evaristo na celebración do seu enterro foron varios colectivos totalmente asilvestrados que decidiron por en marcha Movimento Indíxena 4 de Xaneiro ( data do enterro de D. Evaristo) unidos baixo o lema de Morramos como galegos. E como dicimos foi fai uns días cando un membro do MI4X realizou o primeiro , inaudito e derradeiro acto electoral cando ó ser atropelado na estrada por un coche que se deu á fuga recibíu os auxilios dun peatón que resultou ser un peregrino camiño a Compostela de nacionalidade sueca, instintivamente o membro do MI4X en plena agonía tirado na estrada non tivo máis remedio que repeler a agresión feixista botándolle unha descomunal traboada na cara ó peregrino que obrigou ó ser humano sueco trocar de camiño e dirixirse a urxencias coa cara totalmente ensanguentada e desfeita.....intres despois , o candidato do MI4X morría como galego sobre o asfalto dunha estrada luguesa, comezou a campaña!!