Dienstag, Dezember 16, 2008

O MnO [antoloxía e-music] ESÍXELLE Ó APALPADOR ISTA XOIA DA LITERATURA LO-FI GALEGA!!


Fixo falta que pasara o tempo para coa prespectiva e a distancia necesaria poder mergullarse nos escurredizos terreos habitados por ise ser inadaptado e de voz apocalíptica chamado O Mandril nas Ondas. Dende o mítico programa e-music da cuac-FM, especializado en música electrónica e pioneiro absoluto na edición e producción podcast en galego, o mandril ocupóu unha póla dende a que escupíu durante dúas tempadas estremecedores análises sonoros atemporais sobre a máis crúa e latexante realidade. Rachando o cerco do obsoleto entramado literario galego chega a tan agardada antoloxía e-music do Mandril nas Ondas para dinamitar as limitacións dun subxénero propio que continúa mutando e evolucionando nos seus diferentes estados. Literatura lo-fi de moi alta intensidade que 103editora che DÁ posibilidade de mercar AKÍ o libro físico que a partires de febreiro poderás descargar en formato e-book na Regueifa Plataforma.

Xa tes agasallo que esixir ó APALPADOR
....porque o Apalador non vai ás librarías só fai PayPal!!



O MANDRIL NAS ONDAS
[ antoloxía e-music ]

Portada: uxío broullón

Intro: isaac gonzález

As tetas dunha vella: xavier rodríguez

Falando de excrementos: toño randeeira

O Mandril nas Ondas: xermán viluba

Coma un coitelo afiado que rasca nun prato vacío, a estridencia é a marca que identifica ó Mandril nas Ondas . Esgarros de realidade para un tempo de angustiosa calma tensa.

....teño moito medo, moito medo, porque eu estou traballando con porta aberta e non o vexo vir e calquer día eu non sei, eu a verdá que moito medo. Audios>> O Mandril nas Ondas