Noite hardcore
A Asociación Cultural Xurásica ultima os preparativos para a Noite Hardcore que se vai celebrar o próximo sábado 22 de novembro no Centro Social do Castiñeiriño, cun extenso programa. A xornada empezará ás 20.00 horas, coa proxección de vídeos e películas relacionadas con este estilo de música, e cunha cea vegana a prezos populares. Posteriormente actuarán o grupo compostelán Pollegros, no seu agardadísimo regreso aos escenarios despois de máis de dous anos de silencio; e os bureleses Zairus, unha sorprendente formación de hardcore psicodélico. Máis info. Xocas: 609728524Freitag, November 07, 2008
ZAIRUS: Nacen , Viven , Atakan , Educan , Destrúen e Morren!!
Dende a consellaría de cultura e deporte xa se anuciou á Chile coma a selección sparring do partido de nadal da selección galega de futbol, xa se sabe unha vez ó ano non fai dano , nada comparábel á actividade intensa doutras seleccións de futbol irmáns coma a de Euskadique confirmou xa a Irán coma o seu rival para iste partido de peche de ano. Euskadi enriquece uranio cunha selección do denominado eixe do mal mentras Galiza segue buscando seleccións sen sustancia ningunha. Xa o dixeron Hidrogenesse no seu recente concerto pontevedrés , En galicia estais en siglo XIX , pero eso no es malo, es peor vivir como en Barcelona en el siglo XXI. É por iso que non queda outra que anuciar nistes regos escritos a explosiva noite hardcore que nos preparan os irmáns da A .C Xurásica do Castiñeiriño ( compostela) para o día 22 de novembro, con proxeccións, cea vegana e concerto de Zairus e Pollegros. Atención máxima ó brutal círculo vital trazado polos bureles Zairus no seu myspace , Nacen , Viven , Atakan , Educan , Destrúen e Morren son posibelmente 6 pezas disa ópera hardcore psicodélico tan agardada por un país en chamas na que Monserrat Caballé e toda a súa pandilla saltan polos aires despois de estourarlles a bomba que levan adosada ó corpo. Toma nota!!