Mittwoch, Oktober 22, 2008

O MANDRIL NAS ONDAS FÓRA DO VIRAVENTOS POLA CENSURA DE ESGARROS!!



Escríboche porque non podo emitir o teu esgarro de hoxe. Explícoche, non hai ningún problema en que critiques o que queiras, pero como isto son as "Emisoras Municipais Galegas" e nos medios públicos (e creo que nos privados tamén) vai en contra da lei que os rexe emitir insultos, mais cando se trata de persoas concretas. Dáme pena dicirche isto porque nos interesan moito os teus esgarros, pero os insultos non podo emitilos. Xa me chamaron a atención o outro día polo de "cuspirlle na cara á concelleira". Espero que entendas o que quero dicir, eu non teño nada en contra do que contas, pero teño a obriga de cumprir coa legalidade.
Se queres reformular o esgarro non teño problema en emitilo e en emitir os seguintes, pero sempre e cando teñas en conta isto. Moitas grazas. Síntoo. Unha aperta.
é certo que dende o inicio da segunda etapa do Mandril no Viraventos o simiesco animal endureceu progresivamente o seu discurso , de novo unha trioloxía de esgarros foi o desencadeannte dista persecución con psico-killer correu o sangue a regos, labirinto de ecuacións desatou as alarmas e a censurada prostitución parlamentar marcou o final de ciclo , nise oasis de liberdade que era o Viraventos comezan a podrecer os plátanos , a ver quén esbara nas mondas!!