Donnerstag, September 25, 2008

O MAL DA LINGUA AZUL INFECTA TAMÉN O GANDO DIXITAL!!


Aceitar a fin dos web-blog como algo irremediable é algo inaceptable , se existen millóns de blogs e só se actualizan periódicamente un feixe deles non son un problema estructural de nadie , nen do medio nen dos que o utilizan , a búsqueda de novas vías máis dinámicas coma o twitter fai avanzar , porque isa é a palabra cando falamos dista web da lusofonía asiática contaminada coma o Mandril polo mal da língua azul . Búsqueda inmediata do impacto , a estratexia dixial do dalle que non mira , arrebolar unha faria acesa nunha enorme poza de gasofa.

A literatura tradicional plántalle cara ó noso medio de pantallas luminosas nas salas dos tribunais , único sitio donde terán posibilidade de vencernos , mentras no viraventos de radio fusión acusan de literario ista presentación do último esgarro emitido no programa , Psico-Killer: Primeiro foron os años, despois chegou ós xatos e ás vacas e gora invade a boca do máis simesco dos colaboradores , o viraventos ten en exclusivama mundial o relato extremecedor do primeiro psico-killer galego feito por un madril infectado totalmente polo mal da lingua azul....e xa se sabe, cando un animal colleu iste mal as autoridades sanitarias impoñen o seu urxente sacrificio, aniquilación de ovellas en Trabada , matanza de reses en explotacións gandeiras da mariña de lugo infectadas, cal pode ser o futuro para un ser desprezábal coma o mandril de língua azul coa navalla ó pescozo, pero...por qué carallo non nos aprenderían a parar a tempo?