Donnerstag, September 11, 2008

COMENDO ESPAGUETIS DIANTE DO TRANSISTOR!!

Troco de menú no restaurante de radio3 , ó xa clásico retoque horario sumouselle unha morea de novos programas aínda que con xente xa coñecida, coa comida aínda na boca pouco podemos afirmar pero non ten excesivo mal sabor, hoy empieza todo , unha das impactantes xoias aparecida por casualidade no verán , conseguíu un oco na grella pero aínda que conservando a referencial Playlist perdendo todo o empurrón conseguido cunha só hora de duración , agora entra de 7 a 11 da mañá acurralando a SigloXXI de 13 a 14 pero de luns a sábado. O que nun principio semellaba unha ofensa trocouse nun dinamismo do que sigloXXI necesitaba, hoxe sintonizando no carro o seu buzón de voz saíu un tío galego recomendando o libro comendo espaguetis diante do televisor, máis aló de compartír a recomendación do auvinte activo sobre a obra do cantante de Elviscristo Furious Machine , o que é un feito é que moitos galegos voltamos a achegar a orella a radio3. Se na Radio Galega temen á dignidade de Radio-Oceánica despois de demostrar a valía e profesionalidade dos seus chóferes a mil pés ámbolos 2 da media e de cada un dos seus colaboradores , pouco podemos agardar xa nista recta final pre-electoral. Estreouse tamén a nova grella de Radiofusión , sóbralle a inepta directora que bastante ten con asfaltar os baches e lamberlle os collóns ós veciños de Melide e fáltanlle as antenas para plantarlle cara ó monopolio da Radio Galega, a pegada do Viraventos non o teñen nen extrarradio, nen berberechos , nen trens do serán xuntos.......sexa como sexa , o único que sei é que dende que Siglo XXI sáe ó mediodía os spaguetis sáenme de puta madre, estades convidados!!