
Mentras en Abis Abeba limpan as rúas de símbolos feixistas da Italia colonial as rúas da galiza se enchen entre risos dise feixismo que son as festas gastronómicas, acender a tele e ver en programas coma A Revista unha auténtica apoloxía dista filosofía da boca chea e ver como agora na Radio Galega tamén agroman programas coma o de come e fala no que a gastronomía é a protagonista fan que realmente cada fin de semana botemos a comida ate polos ollos. Polos ollos e polo ouvidos tamén entran os noso votos para os podcast galegos que compiten man a man no
European Podcast-Award unha pasada de concurso de podcast a nivel europeo no que dende ista non redacción pedimos freventemento o voto e sobre todo a escoita para o referencial
C'mmons baby!, o podcast sobre músicas libres do
ictioscopio, na categoría de Personality e para o recén creado
Cousas, o novo falangullo de
Francisco Dans, tamén na categoría de Personality. Despois de
Ouveos na Noite ser un dos primeiros podcast galegos en dar o chimpo internacional competindo no concurso de
promos de podcast hispanos agora apoia firmemente iste dous irmáns podcasters no seu gran desafío
EURO-podcasteiro agardando a ocasión para ouveos poder competir ó lado dos podcasters etíopes nun polo de agora inexistente concurso de podcast do terceiro mundo.... A gz- podcasteira nunca abandoa a sú amilitante audiencia , non coma o acontecido con Disco 2000 o novo programa da RG que o sábado prometía unha grande homenaxe ó desaparecido Sergio Algora e nen sequera o programa saíu ó ar
.....que insulto para a audiencia e para o falecido!!