Impresionte era a figura do descominal ser humano chamado Jose Antonio Ramos, dende que nunha madrugada nos cativara nun daqueles aínda dignos concertos de Radio 3 , ate hoxe , cada vez que soaba un temple , isa minúscula guitarra do país canario sempre recordabamos a súa descomunal maxia que o pasado día 4 de xuño repentinamente cesou no seu estudio de gravación de gran canaria mentras realizaba uns exercicios físicos. Sentín o temple de refilón en discópolis e pensei que Antonio Ramos voltaba é ruta cun novo disco, antes soou de novo en Otra dimensión para gopexar coa nova da súa desaparición. Marchou co seu último disco xa rematado que pronto verá a luz ó contrario que o seu autor que abrazou sen querer a escuridade eterna. Moitos pensamos que o terrenal che quedaba pequeno, Very Jar titúlase o teu disco póstumo e very jar serán as sesión ahí enriba con Hendrix ou Jonh Lee Hooker. Que o espíritu guanche te acompañe!!