Se nun intre no que abrimos un web e nos atopamos cun explendido post no que se critica a cobertura ofrecida por radio 3 do festival sonar do que fixeron a retransmisión en mono e no que se fala que só con acender a radio se poden retorcer 50 anos comparando a retransmisión do festival catalán cunha cobertura do vello Matías Prast dunha corrida de touros dende as ventas.....qué carallo podemos afirmar nós cando ista fin de semana auvimos alucinados o camposición da nova grella de verán da nosa radio nacional? é dicer da Radio Galega.
Comentabamos fai ben pouco entre risos e fume que Pilocha a día de hoxe era o referente indiscutible da RG , a súa carreira foi sinxelamanete meteórica, de tertuliana despois da decapitación das quimbambas a conductora dun inaudito programa chamado estrano froito , ante o subrealismo da cuestión créome no dereito de falar del sen nen sequera ouvilo nunca, chega e sobra con ver a ficha no web da crtvg, pero o que se iniciou sendo coma unha broma pesada na RGM acóllese ó terceiro grado que impón sitio á sombra niste tempo de verán pasando á grella da RG en horario das 23 h tódolos domingos coma teloneira de + berberechos , inversa combinación para unha cea imposíbel de froitas podres primeiro e marisco furtivo despois. 3 peixes convertidos en clásicos indiscutíbeis para unha parte da adiencia e denostados pola outra entran o sábado na grella principal e astrolabio estréase os domingo , indiscutíbel combinación nos escearios pero deprimete para calquer estudante de xornalismo musical. Pero a gran novidade que collemos de refilón nun anuncio no extrarradio é a incorporación de xeito absolutamente novidoso dun programa de suposta música independente disco 2000 chega vestido de domingo coma un neno cando o peinan para ir á misa, e é que ise debería ser o seu lugar, santi...máis ca falar limítase a ler e sería un perfecto leitor para as escrituras no programa de primeira hora da mañán do domingo Nacer do Novo ou Día Santo , iniciar un progama de música independente pondo ós restos dos enemigos é suficiente motivo para trocar non de emisora senón para guindar o reproductor pola fiestra e sintonizar inmediatamente coas emisoras árabes da AM e coas trincheiras podcasteiras diste país sen nome nen rumbo fixo que aínda ule a sardina asada.