Obstaculizado pola descomunal maquinaria do imperialismo olímpico , así , coma o atleta brasileiro Vanderleu Lima nas rúas de Atenas foi secuestrado en plena maratón olímpica por un desgraciado que actuou impunenente, así de desesperada é a nova edición do teu podcast galego de autor,
Ouveos na Noite descálzase coma Bilika en Roma no 1960 para botarse ó asfalto nista hipócrita matathon que impide ós atletas galegos competir baixo bandeira propia. Nen eurocopas de futbol nen olimpiadas conecta xa cos Ouveos Preolímpicos para trocar a antorcha por vasos de cubata cos que dar nos fuciños dos nosos dirixentes deportivos. Ouveos na noite apoia así as xornadas nacionais que cada ano celebra o colectivo
http://www.siareirasgalegas.org/, desta volta no
CS A Esmorga de Ourense, os días 13 e 14 de xuño a prol da oficialidade de todas as seleccións galegas.
Conecta o teu transistor dixital para rendir unha sentida homenaxe ós ximnastas da barra fixa falecidos en combate atragantados por unha tapa nista perigosa proba de resistencia que é a vida.