Nistes días que a galega volta a traer a xeito de reposición histórica os xoves de madrugada o circo de Papa Lazarov e máis de toda a frutal fauna de Royston Vasey capitaneada polo grande Papae , das terras do concello de Foz chegan extremcedoras novas coa apertura da escola Tá en Artes, un achegameto inaudito na Galiza para os pícaros e pícaras da mariña de lugo de todo tipo de expresións artísticas entre as que está a música a danza... pero sobre todo , dende ista non redacción queremos animar ós cativos a que desobedezan urxentemente ós seus pais e se apunten para desafiar a gravidade nise curso impatido por unha auténtica estrela mundial dos malabares e do teatro de rúa de acción directa. Kalim , desafiou sempre a gravidade dende a rúa formando parte dos míticos FABULOUS PERRALHAS , mítico grupo xermano-galego de teatro de rúa que dende os canellóns composteláns escupían na década dos 90 contra as montaxes institucionais que invadían os teatros da cidade e do país por entonces.
Armado de lume , mazas e marcando os collóns cunhas apretadas mallas vermellas imaxinou un Mondoñedo sen misericordia , sen curas e sen catedrais posibles que frearan a ilusión dos que sempre desafiamos a gravidade, no 98 Kalim invadíu cun exercito de pallasos a cidade do Rei das Tartas para coma Najibula en terras Afganas abrir as portas da Vila ás cores co explosivo encontro internacional de malabaristas que golpeaban os ollos dos nativos mindonienses acostumados á escuridade das sotanas. Sobrevivindo coma profesor deshidratado en Noia e subindo á rede despois de cada passing shot para saldar unha conta pendente que manten co Aberto de Tenis da Estrada, nado salvaxe en cada reencarnación , Kalim reaparece de novo para inxectar coma inxectou nos Mutxatxos e semente da loita perpetua, coma no tanque azul donde Marley choraba bágoas brasileiras , con B , de orgullosos insuBmisos seguimos esquivando as minas colocadas no camiño.... simplemente , coma o café do Labrego, de Pota Madre!!!