Montag, April 07, 2008

QUE OS ALIENÍXENAS DE GOREVISIÓN INVADAN A GALEGA!!



Cada certo tempo vóltase a sentir o ruxe ruxe perpetuo da necesidade imperiosa de ter un programa musical da Televión Galega, e volta a resoar xusto cando istes días a TVE anuncia que vai guindar un millón de horas do seu arquivo audiovisial para descargar de balde todo aquel que lle interese, e tamén agora aparece nas estantería unha caixa de DVDs cos mellores intres de La Edad de Oro, mítico programa dirixido por Paloma Chamorro ó que foi convidado o aínda daquela home , o noso tan admirado-a Geneis P Orridge , fundador dos Throbbing Gristle e que acodía ó programa liderando os non menos míticos e estrondorosos Psychic Tv , e ise foi donde se vivíu un dos auténticos intres históricos da televisión de tódolos tempos, cando posterior á actuación Genesis se senta e lle toca ós collóns a un xoven José Miguel López que estaba soltando o seu puto rollo que índa poden sentir os que sintonicen con Discópolis en Radio 3.


A Galega anunciou para iste día da patria a posta en marcha da segunda canle , adicada segundo elas á difusión cultural , e qué carallo entenderán por iso? A difusión dos monicreques de sempre que portan na boca o carnet dos partidos do bipartito? Dende ista non redacción pomos xa unha e única condición para que iso sexa críbel , isa misión só pode ser encargada a un psicópata do audiovisual que demostrou con creces estar moi por riba de toda a merda que invade o medio , con feitos e non con palabras e choros que é a única arma utilizada por músicos e profesionais do medio. A nosa é unha firme aposta para que o Gustavo Harvey , tamén coñecido coma moderno de merda sexa nomeado director de programación da segunda canle da Galega, despois de dixitalizar e amosar ó mundo isa tremenda obra de arte que é o GOREVISIÓN, audiovisual galego nas cavernas que está moi por encima dos tantas veces venerados Plastic , é agora cando atónitos moderno de merda apresenta ó mundo , faigo miñas as verbas do grande Sak ... por resumilo dalgún xeito a MTV galega, por vez primeira vez na Galiza unha sorte de Tv musical e democrática , algo inaudito por istas leiras , pero qué máis ten que facer iste tío para que lle faigan caso? Ha claro sacar o canet do puto PSOE...... OLLA AKÍ O MONSTRUO!!