Mittwoch, April 02, 2008

ORXÍAS NO ASFALTO!!

De novo o mandril nas ondas elixe un estrano e insospeitado piloto para conducir o seu estartelado coche sen carnet nun circuito de formula 1 , desafiando o poder ilóxico do asfalto , hitler e o mandril conducen enfurecidos en dirección contraria para chegar a tempo a unha descomunal orxía nazi que agarda nos boxes imposibles dun hotel de luxo calquera e na miseria instalada nun piso de cidade de lugo. Imposible quedar á marxe diste desconcertante esgarro de navalladas e latigados entrecruzados.... o desenlace , ista tarde a partires das 19:30 no VIRAVENTOS!! . E se entras no espazo myspace do mandril xa podes deixar alí o teu audio-esgarro para ser emitido en vindeiras edicións diste simiesco-aborixe das cunetas radiofónicas!!