
Guiados pola sinal enviada por ise xa referencial podcast composteán c´mmos baby!! na súa extraordinaria e luática 10 edición , os membros dista non redacción acudimos prestos para escoitar ladrar a un bluesman galego máis a súa banda que segundo din as crónicas fixeron tremar de emoción ós mesmísimos Tom Waits , John Mayall e correrse de gusto a Paulina Rubio . Ante tanto revoldo internacional tiñamos que ver como ouveaba pois o cadelo luático que baixo o alcume de Moondog blues party ten revolucionado o panorama internacional. Cun auditorio de ribadeo case cheo, axudado en parte porque dous dos membros da banda do cadelo eran dista vila fronteiriza, asistimos a un intenso show de ritman blues sorprendente na súa execuión afastándose das tediosas mostras de virtuosismo individual de cada membro da banda e dando protagonismo a unha persoal voz do cadelo arroupada por unha tremenda banda con metáis donde a frauta traveseira entraba como dios recordando o son dos xeniais Edwin Moses tamén istes días de xira por istas leiras, moi destacánel o flow imposto pola poderosa baixista do cadelo.