Dienstag, März 25, 2008

ABRIGOS DE CAN PARA CELEBRAR A VINGANZA DOS TELÉFONOS FIXOS!!

Dende logo nista non redacción non temos os trebellos ou gadgets , como algo de tratamento prioritario para os cibor-primates que buscan morralla niste vertedeiro dixital, pero pensamos que o teléfono desenrolado pola compañía francesa Thomson pode interesar á gran micro-larada .... quen non recorda ise primeiro amigo que mercou o primeiro teléfono móbil, a resistencia a xunguirse ó novo aparello de moda semellaba imposible , pero akí está , chegou a hora da vinganza dos fixos . deseño e converxencia dan como resultado o Symbio, un inxerto tecnolóxico de última xeración que vai permitir ós amantes dos fixos resarcirse de tantos anos de aldrase tecnolóxico. Symbio é metade fixo, metade radio por internet. Como teléfono admite o uso tradicional da telefonía IP (se a operadora o permite) , e como radio por internet, fai posíbel escoitar as emisoras on line sen necesidade de mantener o ordenador encendido, con só descolgar a parte superior do equipo e dexalo sobre a maseira xa se poder sentir os atronadores ouveos na noite. E para resarcirnos de tanta tecnoloxía nista non redacción , saudamos coa mesma emoción e intensidade que recibimos ó Symbio as chaquetas de pelexo de can desenrolada en Inglaterra coma perfecto uso da pelaxe das mascotas mortas . Para o 10 de maio , varios membros dista non redacción xa están traballando en chaquetas de pel de can-lobeiro para lucir no I Foro Podcasteiro a celebrar en Compostela auspiciado por Podgalego . Abrigos de pel de can-lobeiro e aramios de cobre para todos os fuxitivos do dial.