
Non fai falla que troques o dial, nen sequera fai falla que encendas a radio , volta podgalego, despois da caída do antigo servidor moitos podcast sobreviviron de xeito nómada vagabundeando polo sempre perigoso e abafante deserto dixital . Podgalego volta co firme desexo de ser o oasis donde os nosos camelos enchan a xoroba , os podcasters galegos e do mundo xa temos unha haima con teito de lousa donde atoparnos , e máis aínda cando as areas do deserto falan para iste ano que arrinca dun futuro forum ou encontro podcasteiro.
Podgalego , verbas de doces feitos con ovos de moucho para despertar a aña xorda que levas dentro.