É tempo de pedreas continuas , nista impredicíbel lotaría que é a nosa vida , coios e pedras amiazan continuamente con estrelarse nos nosos fuciños, estravío de boletos premiados nun bar de Carballo , millóns de euros afogados no vaso das propinas mentras a súa dona celebraba a fortuna que sempre fora esquiva cos agora todos presuntos culpábeis. Mañáns alegres e tardes tristes , cine mudo despois dos brindes co champan escorregando na boca dun compañeiro sen camisa, saude e patria para combater o estravío do voleto premiado . que continúe a festa niste noso gran casino da miseria okupado!!
Pero os acontecemetos da mais rabiosa actualidade fan que o mandril chimpe excitado baixo o traxe de colexial dos nenos de San Ildefonso impulsado polos ventos furacanados dende os casinos da miseria de Carballo ás rúas de Casteldefells para aproximarse ás belezas que concursaron no 2º certame de Miss Nació Catalana, un explosivo analise que a xeito de novo esgarro poderes sentir iste mércores en exclusica mundial no viraventos de radiofusión.
Belezas combativas , fealdade disidente, cando a prensa mundial está pendente da confirmación da boda entre Carla Bruni e Sarcosí , nista non redacción temos os fláshes pendentes pera confirmar o romance entre o presidente Bolivariano e a modelo Naomi Campbel , sobretodo despois de escotar as declaracións da modelo de orixe xamaicano cando afirmou que lle gostaría ter fodido cun tigre. Galiza sen dúbida está quedando descolgada do novo entramadamo político sentimental que invade as altas esferas, a quen carallo lle importa que o ave chegue no dous mil non se canto se o que queremos é que á esfera política sexa asaltada por modelos ardentes , putas en busca de presa, maricóns acabicornados saíndo do armario , transexuais despeitados , drogadictos coa síndrome de abstinencia....en fin xente que saiba defender os nosos intereses e non burócratas maqueados de van de putas, gigolos e chapeiros ás agachadas, transparencia e transparencias nas formas e vestimentas dos paralamari@s!!