Dienstag, Dezember 04, 2007

REMATOU A CONTA ATRÁS.....

A tan anunciada e esperanzadora nova etapa no histórico semanario A Nosa Terra fíxose realidade polo menos na súa edición dixital. A primeira valoración que podemos facer nista non redacción é simplemente un exercicio de estilo esquivando os vómitos. Na distribución de espacios existe un denominado España , un saco donde collen todas as novas do que actualmente se consera o estado español que anteriormente se denominada península. A tan aninciada conta atrás converteuse na conta atrás dunha morte anunciada , con persoaxes da calaña de Victorino Núñez ou Ceferino Díaz levando o cadaleito ás costas. Agardamos á edición impresa pero moito nos tememos que imos ser centos os apretemos o gatillo para desxunguirnos e darnos de baixa diste tebeo con letras. E se isto non fora pouco, xeracion.com recorvértese en Galiciae, unha patada nos dentes para aqueles que de xeito iluso confiaron nas boas intencións do grupo el progreso. En fin que nistes días as axencias escupen teletipos nos que advirten que pese o triunfo do non , en Venezuela falta o leite e papel hixiénico , na Galiza a nova é que nos sobra o leite e o papel hixiénico véndese nos kioskes.