Montag, Dezember 10, 2007

OUVEOS ANTICONSTITUCIONAIS , NON TE CAGUES NA LEIRA CÁGATE NA COROA!!

Ouveos na Noite o podcast galego de autor volta á primeira liña de combate para apoiar as teses defendidas durante o acto de Causa Galiza celebrado o xoves pasado nas rúas de Vigo e para condear a persecución e o arresto dos catro patriotas galegos detidos coma presuntos responsábeis da queima dunha estatua de madeira do rei. Dende os estudios Grozni , chegan os ouveos anticonstitucionais un explosivo podcast que ó igual que o manifesto de Causa Galiza fai referencia á urxente necesidade de que "o movemento polos dereitos nacionais galegos se reartelle” fronte o papel "españolista" de PPdeG e PSdeG e dos "nacionalistas mornos, que falan coa boca pequena e tatexan reivindicacións mínimas". "Nunca a palabra política estivo tan deslexitimada", coas charamenas aínda no ar chegan ouveos anticonstitucioanais un gran cirote podcasteiro no sumidoiro da coroa española!!