Mittwoch, Dezember 19, 2007

NA GALIZA ASESORES COMA EN LIBIA!!

Os membros dista non redacción de xeito unánime apoiamos a comparecencia no parlamento galego do portavoz do Partido popular Rodríguez Freijoo. Dende a tribuna o de Ourense , espetoulles ó presidente e vicepresidente da xunta o que moitos pensábamos e coñecíamos, o auténtico despilfarro en asesores e lamecús que ámbolos dous monicreques utilizan coma membros do seu séquito , superando amplamente ó utilizado polo anterior presidente da xunta , e todo isto nun intre no que irrumpe en escea ise icono chamado Muamad Gadafi, un referente absoluto para todos os membos dista non redacción que vemos nel o exmplo a seguir en tódolos sentidos . Gaddafi viaxa acompañado por un séquito de 30 virxes armadas ate os dentes e as bragas e monta a tenda de campaña en calquera prado que ve libre, unicamente esixindo ó governo anfitrión un par de toneladas de leña para quentar ás virxes e ó camelo. Todo un exemplo de auteridade que Touriño e Quintana terán que copiar de xeito urxente, dende istes regos escritos esiximos 15 virxes para cada e unha manta ó lombo no canto dises putos traxes que lixan a imaxe dos galegos e galegas que din representar. Diplomacia libiesca na galiza xa!!