Atrapados no fogo cruzado de Cangas , a sección máis desconcertante do programa e-music inicia nova etapa coma animal repatriado no Viraventos de Radiofusión , cada mércores un pouquiño antes da 20:00 , o mandril emitirá os seus esgarros en competencia directa co grande Cesar Vidal na Cadea COPE, un fraticida duelo mediático que só pode ter un vencedor, non hai sitio para os dous nas infectadas ondas da F.M . O simiesco animal vai desafiar tamén na escrita ó historiador español que en contraposición ó seu CORRÍA EL AÑO , o mandril xa ultima unha espectacular edición en formato e-book dos seus estalos da etapa e-music salpicados por sanguentas e espectaculares colaboracións . Iste animal de poética asilvestrada desembarcou xa iste mércores no Viraventos e dende o web de radiofusión poderanse descargar os esgarros que semanalmente vaia escupindo. A loita polas audiencias no máis alto do póla mediática!