LIBRO ABERTO é un programa presentado por outro despoxo do pasado, Manolo Romón , que sentado na cabeza dunha mesa conversa cun convidado sobre os avatares da súa ultima obra publicada , en papel por suposto , mentras que o colofón final o forman dous supostos expertos que compiten entre si coma nunha clase de palurdos a ver cal dos dous comenta mellor a obra que lles toucou en sorte alabar , porque ista é outra. Con iste panorama a Galega non só invita á queima dos libros , do presentador e dos colaboradores senón que nos reafirma na inmersión e na utilización das linguaxes do século 21 para combatir dende as nosas trincheiras o perigoso e desagradábel cheiro a chamusco.