Montag, Oktober 15, 2007
TUAREGS ELECTRO-PUNKS DO DESERTO DE TUCSON , ARIZONA!!
Dende os tempos nos que Fermín Muguruza se aliara con Dut , nunca nada puidemos ver os membros dista non redacción que nos deixara tan impactados coma o acontecido ista fin de semana nun escuro bar cruzando os raís sobre os que se desliza o sempre perigo cabalo de ferro. Unha estartelada furgoneta aparacada diante da corte de luces anunciaba que os de Tucson estaban alí, armados ate os dentes para enfrontarse á minúscula nómina de valentes que sempre desafiamos o deserto de Arizona sen nada máis que beber que a sangue quente dun bufalo ferido, Digital Leather , batería , sinte e guitarra acustica que laia distorsionada presa do odio deixaron k.o no primeiro asalto ós escasos 20 valentes que de sempre desafiamos á merda dos macrofestivais para na escuridade dos pequenos concertos atopar as máis suxas perlas , unicamete con distribución de música en vinilo se ista semana ides estar por terras xermanas non deixedes de visitar o seu myspace para poder velos en directo e sentir a area dos electro tuaregs de Arizona golpezar nos vosos ollos, a pantasma Apache viaxa polos escuros clubes da europa!!