Dienstag, Oktober 02, 2007

REGRESA O CASTAÑAZO E FAINO SEN O SEU MÍTICO CONCURSO DE XURAMENTOS!!

Despois de moitos anos en silencio en Chantada van voltar a resoar os berros , as guitarras e os xuramentos, ou iso devera pasar.....cos Rastreros reunidos de xeito extraordinario , cunha feira do disco galego e coa presentación do disco homenaxe ós Diplomáticos, volta o furacán do castañazo rock que reventou Galiza fai máis dunha década, a gran incógnita é saber qué queda dises adocidos aires que reventaron o tecido musical de toda unha década , e para iso os grandes analistas da carne sen capar abandoarán o mercado gandeiro para dirixirse ó Hotel Mogay e analizar entre fumes e risos o pasado, presente e futuro do bravú. No myspace do festival xa se poden sentir dous dos temas pertencentes ó disco tributo á banda emblema do movimento e se ben os Rastreros fóra de órbita tantos anos demostran que a súa fórmula , revisitando a Platinos , sigue más viva ca nunca , pola contra os aínda en activo Ruxe Ruxe atacaron á mítica A Tropa da Tralla e demostraron o mal que senta vestir un traxe grande ....... pero o peor de todo e o que más nos fode a todos os que formamos ista non redacción é que ademáis dos xuramentos o outro gran ausente vai ser Xulio, e os Rastreros sen el son coma Police sen Sting...... mecago na grandísima puta que te paríu cabrón!!