Montag, Oktober 22, 2007

EXTRA EXTRA....NOVA ETAPA PARA O PODCAST ANTIGLOBAL EN GALEGO!!

Volta o frío e con el voltan os aterradores ouveos na noite, coma o esquimó se retira ó seu confortábel iglú a descansar o home-lobo retorna ós estudio grozni para meter os seus afiados dentes na polémica das fronteiras e dos pasaportes poéticos, volta o podcast galego de autor pese ós problemas no noso servidor habitual e faino guindado nunha estrana biga armado cunha alargada pértiga disposto a saltar todo tipo de barreiras que impiden a libertade de expresión. Prepara o teu receptor dixital porque falta moi pouco para sentir os arrepiantes ouveos na aduana!!