Freitag, Oktober 05, 2007
CONSTITÚESE O PRIMEIRO CLUBE GALEGO DE PELEXAS DE GRILOS!!
De xeito radical , dende istes regos escritos defendemos case sempre en solitario o poder dos grilos , primeiro pondo en marcha a primeira granxa distes insectos destinados para o consumo humano e agora pondo en marcha e patrocinando o primeiro clube galego de grilos aloitadores , comeza o STEAUGA-TURBA , algo máis ca un clube ou un ximnasio en miniatra que pronto vai amosar ós centos de afeccionados ós deportes de contacto a outra cara do mantelo , a versión grileira do tatami dos karatekas. Asia é o continento no que mási practicantes e dineiro move ista excitante práctica deportiva, de seguro que moi pornto en calquera canellón da Galiza coma pasa en Shangai ou en Pekín serán centos as persoas que se agolpen en corriños para ver aloitar e apostar polo seu grilo vencedor.