Dienstag, August 14, 2007

O BUTRONEIRO DOS CÁRPATROS AMIAZA CON ESPALLAR O SEU EXEMPLO DE XESTIÓN PARA CLUBES EMERXENTES!!

Todos recordamos aqueles grandes xogadores romaneses que deixaron pegada no futbol europeo, dende Hagi a Popescu sen olvidarnos de Craioveanu ou o mítico porteiro Duckadam, pasaron os anos e nen a selección nen o seu clube insignia o Steaua puido , polo momento voltar a gozar do esplendor antes acadado. Pero istes días saltou a nova dun novo crack dentro do futbol rumano, e non é o xa medio italiano Chivu , se fai uns golpexos expresamos o noso absoluto apoio á cruzada iniciada por Douglas Barahona , coñecido popularmente coma o comegatos de Costa Rica, nista non redacción non podemos ocultar a nosa admiración polo achádego de Alin Simota, o presidente do modesto Jiul Petrosani , clube que milita na segunda división romanesa e que ven de ser denunciado por varios dos seus xogadores por según eles , utilizar prácticas mafiosas coma o secostro e as malleiras dos garda-costas do presidente para evitar a marcha dos seus futbolistas a outros clubes. Alin impón a máxima que apoiamos firmente nista non redacción da pelota con sangue entra . Non é Rumano , pero de moi similar pelaxe ó o xa galego-albanés Stroni, durante a súa estancia como adestrador do lemos Stroni foi un dos calificados coma adestradores clandestinos , dende logo nista non redacción vemos nel o único referente posíbel dista nova filosofía emerxente do leste europeo e único candidato posíbel para o futuro banco da selección galega de futbol cando deixemos de xogar pachangas polo nadal e sexamos unha república socialista independente capaz de enfrontarnos a paises coma Eritrea , Camboxa ou Cuba de igual a igual nun campionato do mundo...... butroneo , secostros e malleiras contra o clásico 4-4-2!!