Freitag, Juli 27, 2007
O COCALERO DE SUNDANCE .... NACIONALIZA AS PANTALLAS DA GALIZA!!
Cada estalo da realidade hoxe máis ca nunca sirve ou pode inspirar a realización dunha moi boa fita, dende o apresamento do Salitario ate o apresamento dos estudantes surcoreanos por tropas talibáns , excelentes pretextos para meter unha cámara a contar. Non é moi común que nista non redacción falemos dista arte xa que estamos basicamente asqueados por toda ista tribu , pero ista fin de semana hai tres estrenos nalgunha salas do país que pensamos modestamente que merecen a pena, COCALERO, o documental feito película polo director Boliviano residente en Bos Aires Alejandro Landes durante a campaña electoral que levou a Evo á presisdencia do goberno penso que pode ser un bó motivo para armarse cunha boa bolsa de pombiñas para así martirizar ós cinéfilos que de seguro van por podre a fita, TURISTAS , a película astríaca que se desenrola na selva do Brasil a estrear tamén ista find promete temén ó igual que a titulada MEDIA LÚA do director kurdo-iraní Bahman Ghobadi , rodada por actores kurdos non profesionais que conta a historia dun vello músico e a loita por tocar no turquistán iraquí antes da súa morte que presaxia cercana. Son pois tres exemplo de películas non americanas e por suposto non españolas e por suposto tampouco galegas polas que se pode deixar tranquilo a pasta na taquiña.....poderase ver algún día algo con xeito feito niste puto país?... será a inacabada e maldita fita Os Nheta a patada nos dentes que necesita o cinema galego para andar ó rego dos tempos?