Mittwoch, Juni 06, 2007
ELODIO E OS SEUS SERES QUERIDOS DAS GALIÑAS DOS OVOS DE OURO.......
O retorno á situación da calma tensa propiciada polo comunicado de ETA no que anuncia o final do alto o fogo permanente non ten porque ser unha mala noticia A pertenza a un colectivo laboral que nas últimas datas vía perigrar seriamente a súa viavilidade por falla de traballo como a dos garda-costas supomos dende istes regros escritos que ten que aledar verse de novo cunha importante carga de traballo encima. E non só cubrindo as costas de posíbeis obxectivos da banda terrorista senón que na galiza nistas últimas datas e con motivo das eleccións municiapis véñense experimentando un importante alubion de amiazas cara a candidatos de formacións políticas digamos que “confusas” formados case sempre por máis que políticos por represariados da moqueta, por dicer dalgún xeito. Se o primeiro caso foi o do candidato do Partido Galeguista en Mondoñedo , membro que por certo acadou un sillón na casa consistorial , que denunciara amiazas por medio de mensaxes ó móbil agora salta á luz pública outro caso de persecución e amiazas ista vez por envío de cartas anónimas ó domicilio de Eladio Capón López , alcalde en funcións de Láncara e candidato á reelección polo PP que acusa a un comando itinerante de Terra Galega asentado no concello de ser os que perpetraron iste envío masivo de cartas tanto á súa persoa coma a de varios particulares nas que se instaba ós veciños de Láncara a que reflexionasen cara ás eleccións municipais se querían que todo continuase igual ou se lle quitamos a galiña dos ovos de ouro ó Señor Eladio. A extorsión e as amiazas chegan por fin á Galiza, benvidas sexan , se ademáis dun inconfundíbel toque literario nos traen tamén para o precario sector dos garda-costas galegos dignidade e traballo.