Dienstag, Mai 08, 2007
IN/DEPENDENCIA , O GOLPE DE ESTADO DO PzTG!!
Mentras que todas as olladas sobre a incertudume política estaban postas na Franza e na posíbel irrupción dos integristas en Turquía , un inesperado golpe de efecto dun destacado membro do Partido Zulú das Terras Galegas fixo tambalearse dun xeito espectacular a estabilidade do bipartito galego. Fai unha semanas o vicepresidente do goberno mantivo unha reunión secreta cunha delegación do PzTG para trataren da problemática de integrar ós nenos e nenas con discapacidade intelectual da Mariña. Nista reunión clandestina nun coñecido bar de Mariña-dor, o representante do PzTG coñecido xa nos reducidos circulos do canibalismo político coma O Mobutu da Pedra do Altar lanzou o seu tíro ó ar comentándolle a Quintana e Antón Losada que dende a súa asociación o que buscaban era a INDEPENDENCIA......