Donnerstag, April 12, 2007
PRIMEIROS INSULTOS E AMIAZAS ÁS PLATAFORMAS VECIÑAIS DO PZTG!!
Primeiros insultos e enfrontamentos e pé de rúa cos membros da PzTG ( Partido Zulú das Terras Galegas ) cando unha delegacións dista por agora ilegalizada formación caníbal e independentista galega se dispuña a rexistrar os centos de sinaturas recollidas por ista desorganización política para poder apresentarse ás vindeiras elección municipais no concello de Ponteceso. O representante do PzTG é asaltado literalmente na Bugalleira e amiazado de xeito brutal por un enfurecido veciño que trata de evitar o inevitable , que o PzTG ensine os dentes e cos cuitelos na man se cole nos gobernos municipais, NOS VIMOS ROUBAR , é o lema que o PzTG quere comezar a transmitir e a difundir dende ista plataforma dixital e das xa aderidas para rachar coa estética e a ética imperilista.