O tigre de Cabo Verde xa está de novo entre nós, e foi no programa da RG Mil Ribeiras donde iste sábado se puido sentir o seu espectacular ruxir, Armando Furtado o crooner preto está en terra e está disposto a asaltar calquera escenario que se lle poña diante para apresentar ó mundo o seu último traballo chamado Vania. Xurxo Souto coma o pirata galego Benito de Soto montado no seu barco Burla Negra cheo de homes amantes do trabuco atravesa o Atlántico piscina para xunto co corsario do calipso-beat afrogalego surcar os regos escritos por un membro dista non redacción . Clübe103 ise pozo mouro dixital ten no seu interior as reacións do propio Armando Furtado ás emocionadas verbas que o calificaron coma o Tigre de Cabo Verde.