Montag, Februar 05, 2007

OS OUVEOS NO PUNTO DE MIRA!!

Despois do espectacular impacto que tiveron os ouveos emitidos nista sempre perigosa frecuencia , as autoridades de varios estados Norte Americanos tomaron urxentemente medidas para frear a crecente influéncia das emisión producidas nos estudios Grozni . As escopetas americanas voltan apuntar cara ós lobos xa que as autoridades de Michigan, Minnesota ,Wisconsin, Idaho, Montana e Wyoming levantaron a veda que protexía ate a semana pasada a iste animal , porque segundo istes estados, o lobo xa non se atopa en perigo de extinción. A desculpa utilizada por istes estamentos é que o lobo respondeu tan ben ós programas de conservación que agora voltará a ser legal a súa caceiría. Nun intre no que as autoridades galegas permitiron as batidas contra os corvos nas vilas luguesas de Labio e A Pastoriza e na coruñesa de Melide por mor dos ataques distas pretas aves ás crías de ovellas ás que arrincan os ollos , a lingua e as partes máis brandas dos años xusto cando nacen ou incluso no mesmo intre de estaren parindo as ovellas. É tempo de batidas polo que, canto tardarán as autoridades galegas en empuñar as escopetas e ó igual que as autoridades americanas , silenciar a tiros o cada vez maior número de lobos autóctonos que nos achegamos ás casas e ouveamos á porta?