Freitag, Januar 26, 2007
O SUPERGRUPO DE BAIXISTAS
A revista Efe Eme estrea formato dixital polo que fartos de apartala nas estanaterías dos quioskes para coller a rock de lux hoxe aproveitamos para botar unha ollada de balde e no medio de varias novas entre as que destaca a xa case segura reunión dos Police con estreo na entrega dos grammy o 11 de febreiro destacamos unha nova que si nos parece realmente transcendente : Mani (Primal Scream, Stone Roses), Andy Rourke (The Smiths) y Peter Hook (New Order-Mónaco) teñen xa formado Freebase, banda coa que pretenden sacar un disco iste 2007. Os creadores de “chistes de baixistas” (os más frecuentes entre as bandas de rock), xa poden ir sacándole punta á idea. Tres eminencias absolutas da música contemporánea que racharon moldes cun baixo nas rodillas e aporreando as cortas con púa, para que logo digan...... esta espectacular nova fixo saltar posibles combinacións de cal sería a formación dos freebase de ser iste un grupo formado polos tres baixistas galegos máis influíntes das últimas décadas..... a máis aplaudida foi: Mangüi (diplomáticos) , Iván Laxe (Skornabois) e Paco Charlín ( The Ultimate Jazz Earth-tet ) ...... Os tres fillos de Charles Mingus.