Mittwoch, Januar 10, 2007

O EFECTO BIKILA!!

Nunca puidemos pensar que o efecto Bikila fora tan potente que ate a coñecida coma a Galega de Cancún sucumbira ó seu tremendo impulso, Ana María Ríos descalzouse e xa non puido resistir a despelotarse case de xeito total para reivindicar na portada interviú a celebración do ano Bikila, dende ista non redacción agradecemos enormemente o acto de valentía dista athleta das aduanas e en vista das súas fortes conviccións dende zimmer103 propoñémola coma única interlocutora válida para discutir en reunións bilaterais a media luz con Zapatero e o rei a futura aprobación, non dun novo estatuto para Galiza , senón a independencia plena e a adquisición dos territorios limítrofes que lexitimamente nos pertencen. Con patriotas coma Ana María outro galo non cantaría!!Nen sequera ETA coa súa atrocidade de Barajas puido competir coa repercusión mediática acadada istes días pola nosa militante do Bikilismo , oxalá que o efecto Bikila enxerte e extenda entre os habitantes diste sempre perigoso deserto da carraxe!!