Dienstag, November 28, 2006

OS PAPARAZZI Da SONOTONE!!

Absoluta conmoción nista non redación por mor da aparición en escea da revista dixital SONO-TONE, o noso persoal está absolutamente sofocado atendendo as chamadas recibidas e recollendo as mensaxes que ate aquí chegan xa que de xeito absolutamente sorpresivo , na portada dista publicación aparece un membro do noso equipo comendo unha espectacular espetada na terraza dunha illa africana. Os servicios xurídicos de zimmer103 están nistes instantes reunidos estudando a todo meter as posibles consecencias diste roubado fotográfico , os paparazzi da SONO-TONE sen lugar a dúbidas coroáronse ó fotagrafar a iste esquivo francotirador sonoro e ó igual que no seu día pasou co Conde Lequio ou con Dinio soan fortes rumores de que os abogados diste novo mito , ó igual que fixeron co seu anterior defendido, o moniño pataca fugado da granxa ilegal de Ribadeo, van tentar aproveitar ista circunstancia do roubado para pasear polos platos dos programas do corazón ó creador do desconcertante Ep Hatt Trick. Con ista nota de prensa só queremos facer unha chamada á calma social e que por favor os paparazzi desaloxen a porta do zulo de Grozni no que habita o novo ídolo mediático da carraxe. Noraboa ós responsábeis de SONO-TONE!!