Dienstag, Oktober 10, 2006

KEBABS PARA A JIYAD!!

Baixo os nosos pes rincha a terra, desacabicornado o verán pola nevoa nuclear dos irmáns norcoreanos desperta en nós as teribles gañar de garrea que durante istes meses estiveron levemente aletargadas. Ate a cociña de zimmer103 xa chegaron as sabrosas carnes de boi da chega para preparar uns exclusivos döner kebabs para enviarlle ós membros das cortes de somalia que acaban de declarar a jiyad contra o goberno e todos seus aliados , zimmer103 xa fai tempo que iniciou a súa particular jiyad contra unha B.S.O establecida na que un dos principias pilares foi a militancia do mandril nas ondas no programa e-music, conducido de xeito maxistral por Sak, pois xa está no ar a 4º tempada diste espectacular programa baseado na música electrónica feita no planeta e que niste ano conta cunha impresionate nómina de colaboradores e con duración de dúas horas , sen lugar a dúbidas, e-music con iste arrinque deixa en cueiros a todo o entramado mediático público que non acaba de consolidarse coma referente real do dinamismo underground actual . Galiza por vez primeira na historia xa conta un ise auténtico referente contemporáneo para sentir e palpar o pulso da música popular máis escondida e perigosa, kebabs para Sak e para todo o seu e-music sound system!!