Mittwoch, September 20, 2006

NUCLEAR, SI!!

A combulsa situación internacional lávanos a conducir a ollada cara Tailandia ou Hungría donde un golpe de estado militar e unhas revoltas antigubernamentais están o por en xaque a estabilidade de ámbolos dous paises, dende zimmer103 tampouco vemos tan grave istas situacións , son combulsións lóxicas dunhas sociedades dinámicas e en expansión, non como o caso da Galiza donde pase o que pase todo mundo quedará na casa a velas vir. Nista non redacción vemos con enorme emoción que na regueifa plataforma vanse relanzar xoias da música contemporánea galega coma as maquetas en k7 de xenreira ou skornabois e nise efecto retrovisor voltou a soar nas nosas conciencias unha vella canción de Aviador Dro , Aracne foi unha das favoritas de seu último disco editado fai ano e medio pero Nucleares é un clásico que hoxe máis que nunca coa alianza de Chávez e do presidente iraní, Mahmoud Ahmadineyad está mais vixente ca nunca. Zimmer103 aplaude ista fraternal union de átomos antiimperialistas e anima ás institucións galegas a que den un paso adiante cooperando con istes paises para tratar de convertir á Galiza nunha potencia nuclear respetada e temida en todo o mundo.